Cobra

Cobra 2014-03-22 Xa hay dúas estrelas mais no firmamento: Cobra e Jake.

Esta semana ten sido unha das máis duras en moito tempo para a familia Biosbarda. En 3 días sufrimos dúas pérdidas irremplazables debido a unha mesma razón; unha torsión de estómago.

A vida a veces parece que se quere rir de nos dunha forma maléfica, irónica, querendo dar donde máis nos doe.

Jake era unha cadela que se salvou da morte o ser recollida da autovía recen atropelada. Estábase a recuperar na casa de acollida da persoa que a recolleu. Jake sentíase segura e estaba felíz, era unha cadela un pouco tímida pero según a súa nai de acollida era “la mas buena de la casa”. Por fin sabía o que era sentirse coidada e querida, so lle faltaba atopar unha familia definitiva coa que pasar toda a vida sentíndose igual de ben. Pero a vida decidiu que Jake tiña que partir, que o seu tempo na terra tiña rematado e deixounos aquí, chorando por ela, mirando o ceo e pensando que alí esperará a súa familia verdadeira coa que ser felíz para sempre.

A nosa Cobra era unha cadela especialmente boa, era como unha nai para tod@s @s voluntari@s, sempre te recibía dándote lambetazos como se quixese demostrarte todo o que te quería no pouco tempo que estabas alí con ela. Era a primeira en recibirte o entrar na súa habitación, esperando esa ración de mimos que tanto desexaba, pois así era ela, unha grandullona amorosa. Recordo como nos días calurosos metía a cabezota no caldeiro de auga e salía chorreando, deixando a auga toda embarrada, con ese sorriso característico dela. Si, Cobriña sempre sorría, a pesar de ter sufrido o abandono dúas veces; Primeiro esa “familia” que a deixou tirada para que chegase a nos, e despois aqueles que a adoptaron para catro anos despois devoltala polo mero feito de mudarse…
A ironía da vida neste caso aínda é mais cruel, mañá día 23/03/14 no paseo que hai programado, Cobra ía coñecer a unas persoas que estaban intereasadas en adoptala. Despois de 2 anos de volta no refuxio sen que ninguén se interesase por ela, por fin lle chegaba o golpe de sorte. Pero unha vez mais a vida dixo que non, e a pesar de que ela, o noso xenial equipo veterinario e nos loitamos con todas as nosas forzas por levarlle a contraria ninguén pode gañarlle a vida cando esta decide terminarse.

Hoxe non é un bo día, hoxe sentímonos profundamente fundid@s, nos días como hoxe perdemos as forzas pero mañá sairá o sol coma todos os días, e os outros 200 componentes caninos da familia Biosbarda necesitarán ser atendidos, e por suposto alí estaremos nos, por Cobra, por Jake e por todos aqueles amig@s que xa non están con nos.

Ata pronto princesas.