Foto 1 de 9   |

NIRVANA

Adopción de NIRVANA

¡Adoptad@! el 10-7-2015
adoptad@
  • Nombre NIRVANA
  • Clase Perro
  • Desde 20-5-2015
  • Sexo Hembra 
  • Edad 10 años y 10 meses 
  • fecha de nacimiento 5/2013 
  • Raza  
  • Tamaño Pequeño 
  • microchip 981098106024805 
  • Localidad Ponteareas  (Pontevedra)
  • ID 901 

Descripción

Non sabemos como foi a vida de Nirvana, pero chegou un momento no que a súa familia decidiu que non a querían máis e a deixaron tirada na rúa coma un trasto inservible. Vagou polas rúas ata asentarse nunha aldea onde coñeceu o seu inseparable compañeiro Kurt. Alí seguían a intemperie pero @s veciñ@s lles daban de comer e foron quenes nos deron aviso de que Nirvana había sido víctima dun lazo ilegal de cazadores.

Dito lazo, se lle quedou no pescozo, estrangulándoa e incrustándoselle na pel, facéndolle unha ferida profunda e provocándolle unha terrible dor.
Para colmo, o tempo se nos botaba enrriba pois a pequena Nirvana estaba preñada, pronto daría a luz e tendo todo ese alambre estrangulándoa temíamos que ocurrise o peor.

Intentamos todas as formas posibles para collela, pero despois de máis de 8 meses na rúa, sufrindo o desprezo e maltratos do ser humano é normal que non quixera confiar en nós. Asustámonos moito cando o veciño que a controlaba nos avisou de que levaba varios días sen mirala e en cambio o seu amigo Kurt seguía por alí...

A pequecha Nirvana escondérase para dar a luz a 5 cachorr@s, dous mortos e tres viv@s: Sam (macho), Nati e Tami (femias).
Exhausta, a naiciña deixouse rescatar sen opoñer resistencia e levámola inmediatamente o veterinario onde lle retiraron o lazo que estaba cuberto de podredumbre e desprendía un cheiro horrible. Limpáronlle a ferida e a pobre non fixo ningún mal xesto a pesar da dor que debía sufrir.

Agora, precisamos para ela e os seus cachorros fogares definitivos onde ser felices, olvidando o terrible pasado que algunha persoa lles obligou a vivir.

É sociable con cans/cadelas e gat@s.

Contactar por NIRVANA

Solicitud de contacto para NIRVANA

Ingrese el contenido de la imagen