Foto 1 de 7   |

Jana

Ficha de Jana

en adopción
  • Nombre: Jana
  • Clase Perro
  • Desde 4-4-2020
  • Sexo Hembra 
  • Edad 4 años y 11 meses 
  • fecha de nacimiento 9/2015 
  • Raza  
  • Tamaño Pequeño 
  • Peso 9,4kg 
  • microchip 941000024708879 
  • Localidad Ponteareas  (Pontevedra)
  • Situación Casa de acogida 
  • ID 2870 

Descripción

Jana é unha cadeliña moi nova, desa "raza" tan esquecida como son @s podenc@.Pertence a gran familia de canx que estamos rescatando. Estivo escapada unhas semanas ata que un veciño a atopou no monte cando escoitou laiar. Encontrábase nun estado que a levaría a unha morte segura, sen saber cantos días levaba dese xeito, sen comer nin beber, con descoordinación nas patas non sendo capaz de poñerse en pé. Tiña o pescozo inmóbel e ríxido do lado esquerdo, un derrame no ollo e nun estado de shock. Na primera asistencia veterinaria que se lle prestou fíxoselle unha exploración física e radiografia descartando traumatismo pero debido os síntomas que presentaba, entre eles febre, trasladóuse a un hospital veterinario para realizar probas mais específicas como un TAC e distintas análises de sangue e de líquido cefalorraquídeo descartando posíbeis enfermidades que a llevaron a ese estado de orixe neuronal. Finalmente, tras uns resultados normais, diagnosticoúselle un síndrome vestibular idiopático o non encontrar a causa que lle provoca atoparse e este estado.
Agora mesmo atópase nun fogar de acollida a espera da súa evolución que esperamos lle permita ser a cadeliña agarimosa que é... . Precisa dun entorno equilibrado e casiña con finca xa que polo de agora non sabemos se algún día recuperará o seu estado físico o 100%, pode que sí, ou pode que teña algunha secuela de por vida xa que é unha dúbida que ninguén pode respostar aínda... Seguramente non será unha cadeliña que poda facer rutas nin dar longos paseos pero pode ser igual de feliz o teu carón disfrutando dunha familia definitiva... . Comeza a ser unha cadeliña leda que está deixando atrás o medo e a desconfianza...
Buscamos unha acollida estable para ela, que entenda o compromiso que é ter unha cadeliña das súas características e que a acepte tal e como é. Non é nada bo para a sua recuperación cambiala para distintos entornos, iso supón un retroceso para ela...


Apadrinar a Jana

Quiero apadrinar a Jana

Contactar por Jana

Solicitud de contacto para Jana

Ingrese el contenido de la imagen