SUSPENDIDO!!! PASEO BIOSBARDO O 28 DE DECEMBRO

26-12-2013

SUSPENDIDO!!!


En vista das previsións metereolóxicas decidimos SUSPENDER O PASEO DO DÍA 28 para @s pelud@s, sentimolo moito e esperamos contar con vos para vindeiras ocasións, en breves poñeremos nova data!!

 

Debido os ánimos recibidos para que saquemos máis a miúdo @s habitantes do refuxio a pasear hemos decidido que o próximo día 28 de decembro queremos compartir con vos un día moi especial.
Queremos sacar a tod@s @s nos@s cans e cadelas a pasear polo monte da Picaraña en Ponteareas.

O plan é o seguinte:

- Ás 10:20 estarán unhas voluntarias no Froiz de Ponteareas para guiar a xente que non sepa chegar o refuxio. Os que seades dese grupo, por favor, sede puntuáis e estade as e vinte no parking do Froiz.

- Ás 10:30 estaremos no refuxio e vos iremos dando os cans ou cadelas coas que vaiades pasear. 

- Unha vez teñades compañeir@ adxudicad@ vos dirixiredes as mesas de pedra que están un pouco máis arriba do refuxio.

- Cando nos reunamos tod@s alí, comezaremos a ruta.


A dificultade da ruta é baixa, é apta para grandes e pequen@s. 

Esperamos que acudades moit@s e que consigamos que salan tod@s @s cans e cadelas do refuxio para así compartir un dos últimos días do ano con el@s dunha forma moi especial.

INFORMACIÓN: 600 356 891

CORREO: protectoraosbiosbardos@gmail.com

Fecha del evento: 28-12-2013