DUENDI

10-11-2013

DUENDI: de crisálida a bolboreta

Cando Duendi chegou ao refuxio era unha cadela triste, desconfiada e moi medosa. Tanto que no período de adaptación, se quedaba deitada na súa camiña, bloqueada, e se a tocabas empezaba a tremer... Tiña moito, moito medo pero aínda así nunca fixo un mal xesto. Ela só se bloqueaba e tremía no súa camiña...



Pouco a pouco foise adaptando a outra habitación, na que convivían cans do seu tamaño, e Duendi foi cambiando. Empezamos a descubrir unha cadeliña alegre, sociable e xoguetona con outros amigos perrun@s. Foi pasando o tempo e pouco a pouco, Duendi, íase achegando a pedir mimos, víase que quería pero os recordos das súas desventuras pasadas non a deixaban confiar de todo... @s voluntari@s tivemos que gañarnos a súa confianza e demostrarlle que non somos un perigo, que está a salvo... E Duendi recompensóunolo do mellor xeito que o tivese podido facer... Duendi saíu da súa crisáida de medo, bloqueos e tremores para converterse na bolboreta que todos sabiamos que escondía.



Agora é unha cadeliña alegre, vivaracha, doce, graciosa... É moi sociable con cans; encántalle xogar coas súas/seus amig@s no patio. En verán non esquece bañarse na piscina. Pero o mellor de todo é cando Duendi se achega correndo a pedir mimos e ao ver que outros mais grandotes están acaparándolos ela, coas súas patas cortiñas, pega saltitos para chamar a túa atención e recibir a súa porción de amor!

¿Queres coñecer a Duendi?

Ficha de Duendi: http://protectoraosbiosbardos.org/ficha/430/