SUSI E CARTON

20-10-2013

Estes 2 habitantes do refuxio son Susi e Carton, aìnda que con detalles distintos, comparten a mesma historia: a do abandono e o exilio.

SUSI formaba parte dunha camada de 3 irmáns atopadas nun monte de Ponteareas, xunto a súa nai Candi no 2005.

Entrou no refuxio cando apenas era unha cachorriña de 2 meses de idade que foi crecendo mentres o tempo pasaba, e a súa nai e unha das súas irmáns desaparecian para nunca voltar..

Quizás sentirse sen a protección da súa familia fixo que se auto aillase nos tellados das casetas da entrada do refuxio, onde vive co seu compañeiro Carton dende fai anos.

A pesar de levar toda a súa vida, 9 anos, entre os mesmos barrotes e nun tellado de apenas 4 metros, Susi segue sendo unha cadeliña doce, agarimosa, tranquila e fermosa que soña con pisar terra, herba, coñecer cheiros novos e todos eses lugares dos que outros cans poden disfrutar.

Pero sobre todo, o que a nosa Susi quere e necesita é unha familia e un fogar onde lle den os mimos e a atención que debeu ter dende que naceu.

O seu compañeiro do día a día no tellado é CARTON. Abandonado nas inmediacións do refuxio con apenas 4 meses de idade no 2007.

Foi medrando e pasando desapercibido para os posibles adoptantes, mentres @s voluntari@s sen comprender porque non chegaba o seu anxo, intentábamos sustituir o amor dunha familia.

Agora, xa é un adulto de 7 anos, tempo no que foi perdendo a esperanza de que aparezan esas persoas que lle ensinen o que é a calor dun fogar.

Carton está canso de ver, dende o seu tellado, como chegan adoptantes para recoller ós seus compañeiros e comezar unha nova vida, mentrés para el pasa un día máis sen que ninguén lle de unha oportunidade de demostrar o que @s voluntari@s xa sabemos, que é un can bo, trenquilo, guapo.. que a pesar do seu medo se deixa acariñar e que coa mirada pide esa vida que outros teñen a sorte de disfrutar.

Mañá será outro día para eles, outro día da súa vida esperando a que chegues, te arrimes a eles e lle demostres que non son invisibles, que non van ter que vivir exiliados nun tellado. E que nunca máis se sentirán desgraciados nin desprotexidos, porque vas estar ó seu lado, porque a súa familia xa chegou!!!

E serás quen borre os malor recordos para encher, o seu futuro, de bos momentos e novas experiencias que tanto tempo levan esperando...

 

TELÉFONO DE ADOPCIÓNS 600 35 68 91

de luns a venres

de 10:00h a 13:30h

de 16:30h a 20:00h