EVENTO EDUCANDO EN POSITIVO

18-07-2013

Moitas grazas a todalas persoas asistentes!

Foi un pracer compartir con vos a maña do domingo coñecendonos e aprendendo máis dos nosos amigos peludos.

Aproveitamos a ocasión para presentarvos a quenes non puidechedes asistir ó noso querido Quiño que foi o convidado especial en representación dos seus compañeiros biosbardos, portouse xenial e foi o perfecto anfitrión tanto co resto de animais asistentes como cos humanos aos que agasollou cos seus lambetazos e agarimos sen pausa, tamen coñeceu a Dubi e á súa nova familia e lle deu os parabens pola recente saída do refuxio desexando correr a mesma sorte o antes posible.

Quiño está en adopción e precisa con urxencia un fogar onde poder someterse a cuarta e definitiva operación na pata dianteira e que lle quitará por fin a dor que sufre dende fai 2 anos, a Asociación corre con todolos gastos, só precisa un fogar onde poder reposar e recibir os coidados precisos, é moi bo, educado, obediente e está acostumado a pasar moito tempo só. En todo este tempo naide se interesou por el a pesar de ser o can mais riquiño do mundo e atoparse nunha situación moi precaria na casa de acollida na que se atopa non podendo saír ó xardín tan a miúdo como lle gustaría nin ir de paseo co resto de animais da casa. Agora sumase a todo isto a urxencia da operación xa que mentres non sexa operado segue sufrindo dor e non desexamos esto para Quiño pero tampouco temos outras posibilidades que ofrecerlle xa que todalas casas de acollida están repletas de animais e Quiño precisa tranquilidade e reposo para superar esta dura etapa dunha vez.

 

EDUCANDO EN POSITIVO