25/07/2013 POSTA A PUNTO DO REFUXIO

11-07-2013

 Unha vez máis necesitamos darlle unha limpeza a fondo ó  interior e ó exterior do refuxio, e vamos a facelo o 25 de xullo.

Para iso necesitamos da vosa axuda!!!

Os que poidades, levar luvas ("guantes"), sacos para o lixo, estropallos ("estropajos"), vasoiras, fregonas,..

Tamén necesitamos desbrozar o perímetro do refuxio, para evitar que a maleza entre dentro e estar previdos ante un posible incendio. Para isto farían falta persoas con desbrozadora.

 O 25 de xullo, estáremos no refuxio ás 10h da mañán, para os que non saibades chegar vos esperamos no aparcamento do Froiz as 9:45h.

Os que vaiades quedar todo o día tedes que levar a comida, cerca do refuxio hai un merendeiro e podemos comer alí.

NOTA: levade roupa cómoda e/ou roupa para mudar e auga!!!

GRAZAS A TOD@S DE ANTEMÁN!!!!