CONDENADOS A CADEA PERPÉTUA

28-04-2013

 

Este é TAYSON. Toda a vida encadenado...

CAL É O SEU DELITO???

TAYSON solo quere xogar, mimos na barriga, dar e recibir mimos...

Ten uns 7 anos é leva todo este tempo atado a unha dobre cadea. Agora non sabemos porqué non o queren.

TAYSON busca un fogar no que poida coñecer o que hai máis aló da súa cadea. Unha familia coa que sair a pasear, a coñecer novos cheiros, outros cans, outra xente, ... en fin, coñecer o bo da vida.

 

Este é APOLO (o nome que llo puxemos @s voluntari@s, porque nin sequera saben como se chama)

O seu dono, un home maior, nunca o soltou por medo a que tirase con el ou a que escapase do eido.

Agora o seu dono non está e a familia non quere ocuparse del.

Ainda que o principio, APOLO, se mostra un pouco desconfiado enseguida ven a pedir mimos, solo quere sentirse acompañado, querido, ...

Ten uns 4 anos.

 

TELÉFONO ADOPCIÓN E CITA PREVIA: 600 356 891

De Luns a Venres (10:00 a 13:30 - 16:30 a 20:00)

Correo: protectoraosbiosbardos@gmail.com