ATA PRONTO AMIGO DANI

26-06-2014

Hoxe sentímonos tristes, rabiosas, decepcionadas e sobrepasadas.

Hoxe foise o can mais doce, tranquilo, mimoso e noble que habitaba o refuxio. Dani non merecía estar alí, como ningún, pero el tiña unha bondade especial, el non quería lios, quería ser amigo dos que poidese e senon non molestar a ninguén. A Dani encantábanlle os mimos e xogar a correr polo patio, el te perseguía por moi rápido que foses para atraparte e recibir a súa ración de mimos.

Pero por desgraza, o refuxio e un lugar duro e inseguro debido a saturación que sufrimos, pero por mais que o repetimos parece que a xente que abandona non se entera ou non lle importa. NON PODEMOS RECOLLER NIN UN CAN MAIS, DA IGUAL O TAMAÑO OU IDADE, SENTINDOÓ MOITO SO PODEMOS OFRECER DIFUSIÓN NA REDE.

Dani foi atacado onte polos seus compañeiros, fixemos o que poidemos por salvalo pero o seu corpiño non aguantou.

Escribir isto e o peor que pode pasar, sintome triste e enfadada porque isto poderíase haber evitado de mil maneiras se houbese leyes como debería, que controlasen os donos de animais, a cría e o abandono.

As bágoas apenas me deixan ver o teclado, o único que podo dicir é que o sentimos moito pequerrecho, non sabes canto. Descansa amigo Dani, ata pronto.