ADOPTADA POLO CEO!, AVOIÑA LAILA

07-09-2012

Despois de pasar un ano nunha casa de acollida e xa casi adoptada, o soño desta pequena avoiña voou por motivos completamente alleos a ela e agora volta á dura lista de cadelas en adopción.

Volta a buscar a oportunidade de destacar entre tantos e tantas podencas despoxos de cazadores que cando xa non lles sirven rematan tiradas no monte. 

Apareceu en moi mal estado, esquelética e coxeando dunha pata por unha fractura antiga, posiblemente ese foi o motivo do abandono. 

Despois de pasar por unha casa de acollida a cal se comprometera a adoptala e coñecer o significado da palabra fogar tocoulle sufrir un segundo abandono, mais duro quizás que o primeiro.

Pero LAILA, esta cadeliña chea de tenrura e agradecemento sigue adiante mirando ó futuro con esperanza, sabendo que o seu verdadeiro FOGAR está ahí fora e que algún dia chegarán esas persoas que NUNCA pensen en voltar a abandonala porque ela sí que nunca o faría, é unha cadela moi moi boiña e agarimosa.

AMADRINADA POR PAULA MARÍA NOVOA CARRERA

TELEFONO ADOPCIÓN E CITA PREVIA: 600 356 891

De Luns a Venres (10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00)

Correo: protectoraosbiosbardos@gmail.com