ATA SEMPRE REMEDITOS.

23-07-2015

O venres levanteime sen saber que ese iba a ser o último día contigo; era un dos primeiros días de vacacións, e pese a que sabía que levabas tres meses vivindo de prestado estaba tan acostumada a que foses aguantando que non deixou de pillarme un pouco de sorpresa. Este octubro faría cinco anos dende que entraches na miña vida e na do Hugo dende a casa de Angie e ainda que cinco anos non é moito faiseme dificil ca vida siga sin tí. Eras a nosa princesiña, sempre con movementos lentos e suaves, desconfiada e un pouco vinagre cos outros cans da casa pero absolutamente entregada a hugo, ainda que sempre tiñas a pata levantada para pedir máis mimos.
 
 
Dende o principio soupemos que eras velliña e que non ibas a estar moito tempo connosco pero para eso estás tí Remeditos, para romper estadísticas: unha podenca e ademáis maior? imposible que atope casa, pois unha boa casa para tí;que non vas a vivir máis dun par de anos? pois toma case cinco; que tes un cancro con metástasis no pulmón que non se vía nas radiografáis por culpa da dichosa bronquits cronica e non ibas a vivir máis dun mes? que sexan catro que agora que sain dunha vida miserable non me quero ir ainda, xa vivin moitas miserias e non é tan facil que esto me tumbe.
 
 
Foron moi bos anos e deron para moitas cousas: paseos largos polo montes, sofás, camas, enfermidades, praia, algún susto ca outro, un montón de anecdotas, pero sempre moito moito amor e sobre todo respeto pola tua alma rota que fumos recompoñendo neste tempo aos poucos. Cada día pegando un novo anaco e tí deixandote facer.
 
 
O último mes foi duro para tí e para nos, pero soubemos disfrutar de tí sabendo que en calquer momento iba a tocar a despedida; os que teñen animais ou humanos nesta situación entenderanos: que si hoxe remontas, que se teño medo de acostumarme a que esteas así e non me dea conta das señais, que se choro a tua ausencia antes de tempo, que hoxe tes bo día e das un paseo largo e case pareces a de sempre e o día xa ten outra cara, que nomes raros de pastillas se che fagan tan comuns previcox, dacortin, theodur... que como conseguir que tomes as pastillas, en fin Remediu.. o de sempre; e ainda que notases que as veces estaba un pouco cansa, non era por tí, non, eso nunca, é o tema dos paliativos que é moi triste pero estaría encantada de seguir dandote as puñeteras pastillas o tempo que fixera falta.
 
 
Este mes creamos unha rutina nova, ir en coche ata o parque para poder camiñar na herba; ibas en colo ata o coche e logo ideamos unha especie de arnes acolchado para que puidera camiñar e cheirar pq notabamos que ainda tiñas ganas. Eu iba medio escapada porque enfadabame moito coa xente que te miraba e nos decía con toda a cara que tiñamos que sacrificarte... de qué iban? faríanllo tamen a sua nai ou ao seu avó? non entendín que non foran capaces de entender este último acto de amor que consistia en acompañarte e coidarte ata que nos dixeras: xa rapaces, esto non vai e ata aquí chegamos.
 
 
E o venres por fin asomou ese día.. tiven e tivemos dudas, charlas e moita dor, pero finalmente a tua tía, que temos a sorte de que é veterinaria, veu dende Vigo a verte e dixo que sí, que xa era hora.. e ainda que telo asumido de repente é como un hostiazo na cara.
 
Fucheste moi moi tranquila e quedaches durmida no colo do Hugo que é onde sempre quixeches estar, estivemos acariciándote e decindote o moito que te queríamos ata que xa non quedou máis co teu corpo e a tua alma ficou revoloteando pola casa pq teño claro que non te vas a ir lonxe de nos, a tua familia.
 
Hoxe todos choramos por tí, nos, os teus tíos, abuelos, veciños; un montón de xente... quén o diría eh Reme? unha cadela sen nome e sen importalle a ninguen e agora a xente está triste porque te fuches.. qué gran logro verdade?
 
Quero darlle as gracias ao Refuxio de Ponteareas por darnos a oportunidade de pasar todo este tempo contigo, non sei moi ben que vida tiveches antes de estar connosco, pero melloraches a nosa sin dubida; e ainda que doe, e moito, non cambiaría nada polo tempo que pasamos xuntos.
 
Quixemoste moito, moitisimo Remeditos Remelada Ollos de Canica, sempre formarás parte da nosa familia. Descansa ratiña.