Le informamos que este sitio web instala cookies propias y de terceros al navegar por sus páginas con el fin de facilitar su navegación y obtener datos estadísticos. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso e instalación. Acepto más información

LEISMANIOSE CANINA

28-07-14

Todo o que ten animais de compañía, e sobre todo cans, escoitou falar da Leishmanise canina, xa que é unha enfermidade de aparición moi frecuente na nosa zona xeográfica. En España as rexións máis afectadas son as de Aragón, Cataluña, Madrid, Baleares, Levante, Murcia, Andalucía, Castela-A Mancha,Extremadura, Castela e León. Obsérvase noutras rexións pero con menos intensidade, como en Galicia.

En Galicia cada ano detéctanse máis casos, principalmente na provincia de Ourense e no sur de Lugo. Tamén cada ano aumentan os casos no noso ámbito máis próximo, sobre todo no sur da provincia de Pontevedra. Hai veterinarios que xa trataron cans residentes no Morrazo e nos arredores de Vigo.

¿EN QUE CONSISTE A LEISMANIOSE?

A leismaniose é unha enfermidade parasitaria do sangue, causada polo parásito denominado leismania. A leishmania é un protozoo que se contaxia a través da picadura dun insecto (só pican as femias) moi parecido ao mosquito, pero máis pequeno, chamado Flebotomo.

O primeiro síntoma clínico máis habitual é a perda de pelo, sobre todo arredor dos ollos, orellas e o nariz, e incluso un crecemento excesivo das uñas

           *BATMAN cando entrou no refuxio se lle detectou Leismaniose. Tiña perdida de pelo ó redor dos ollos e nas orellas. ADOPTADO EN ABRIL DO 2012

*TRUHAN. Ó pouco de entrar no refuxio se lle detectou a enfermidade. ADOPTADO EN MARZO DO 2015

Segundo a enfermidade vai avanzando, @ can/cadela perde peso aínda que non perde o apetito. Son habituais as feridas na pel, especialmente na cabeza e nas patas, nas áreas onde o can está en contacto co chan ao tombarse ou sentarse. Cando o cadro se volve crónico, este complícaseobservandose en moitos casos síntomas relacionados con insuficiencia renal.

 

No caso de que penses que o teu can padece de Leismaniose, visita o teu veterinario quen realizará unha proba analítica mediante unha mostra de sangue d@ teu/tua pelud@. Dependendo do seu estado, tamén tomará unha mostra da medula ósea ou do tecido dun gánglio linfático inflamado para examinala ao microscopio e detectar os parasitos.

Unha vez conseguido o diagnóstico, decidirá cal é o mellor tratamento para @ teu/ túa pelud@, xa que varía en función do cadro clínico e se debe adaptar a cada paciente. Non se consegue a eliminación total do parasito, porque se trata dunha enfermidade crónica que require controis veterinarios de forma regular. Afortunadamente, cos medicamentos dispoñibles hoxe en día, pódese conseguir unha boa calidade de vida para @ pelud@.

De forma excepcional, a enfermidade pode permanecer en latencia durante varios anos. Algúns cans/cadelas son resistentes e, aínda que reciban picaduras dos flebotomos, nunca mostrarán síntomas da enfermidade sempre e cando estean correctamente alimentados e non estean sometidos a estrés. Esta resistencia, probablemente, está determinada xeneticamente.

CONTAXIO A HUMÁNS

As persoas e moitos mamíferos, entre eles os gatos, son susceptibles de contraer a enfermidade, pero en menor grado xa que a especie canina  ten unha particular susceptibilidade a padecer a enfermidade, debido a que o seu sistema inmunitario non é capaz de combater correctamente o parasito como as outras especies.
A Leismaniose humana é de moi baixa incidencia, e normalmente padécena persoas coa súa función inmunitaria diminuída (enfermos de SIDA, persoas sometidas a tratamentos inmunosupresores, transplantados, tratados conquimioterápicos, etc.)

Nunca se transmite de forma directa do can ao home. Para que unha persoa se contaxie, o proceso debería ser:

O flebotomo pica a un can con Leishmania, debe pasar aproximadamente unha semana para que ese flebotomo sexa infectante. O mesmo flebotomo pica a unha persoa e transmítelle o parasito.


Polo tanto, unha persoa que teña un can con Leismaniose non precisa adoptar ningunha medida especial para non se contaxiar, só debe preocuparse de tratar o seu animal.Polo que recalcamos que non hai maior risco ao vivir cun can enfermo, mesmo estando en contacto co seu sangue a través dunha ferida ou de picarnos cunha agulla co seu sangue, porque recordemos que se necesita que o parasito que esta nese sangue, "viva" de 4 a 20 días no mosquito para así adquirir capacidade infestante.


O risco de contraer a enfermidade vén dado por vivir nunha zona xeográfica onde exista a enfermidade, téñase can ou non.

 

*BARRI, diagnosticado de Leismaniose, de acollida con Mamén e a súa familia dende abril de 2012

COMO PROTEXER O PELUD@

Debido a que é o flebotomo o que contaxia e propaga a enfermidade, o máis importante é evitar a súa picadura, hai que ter en conta que o mosquito pica ao anoitecer.

Procura que o teu can estea protexido cun repelente para mosquitos. Pode ser un colar ou unha pipeta. 

*O produto máis utilizado e máis probado é o colar chamado Scalibor.

Se o teu can vive fóra da casa, é mellor que durma dentro dela. Se non, protéxeo nun espazo onde poida abeirarse, por exemplo con mallas mosquiteiras, durante o anoitecer.

Unha vez ao ano,visita @ veterinari@ para que lle faga un recoñecemento. Un diagnóstico precoz mellora a evolución e o prognóstico da enfermidade.

AGORA QUE XA COÑECEDES UN POUCO MÁIS ESTA ENFERMIDADE, QUEREMOS QUE COÑEZADES OS PELUDOS DA PROTECTORA QUE TEÑEN ESTA ENFERMIDADE E QUE ESPERAN A SÚA OPORTUNIDADE NO REFUXIO.

BUSCAMOS ADOPCIÓN OU ACOLLIDA INDEFINIDA PARA:

GARRY

 

Garry apareceu de cachorro preto do refuxio coa pel cuberta de tantas carrachas que se lle caía a anacos, esquelético e anémico. Despois de recuperarse, Garry convertíuse nun peludo moi especial, co seu propio carácter, que lle encantan os xogos coas voluntarias.

Pesa 29kg e ten agora 3 anos e medio

FICHA DE GARRY: http://protectoraosbiosbardos.org/ficha/136/

TUKO

Tuko, o abandonaron en agosto do 2012 no refuxio dentro dun contenedor, tapado con tablas é unha uralita para que non poidese saír.Éstaba aterrado e plagado de garrapatas. É un canciño moi agarimoso que agora necesita unha segunda oportunidade.

Ten agora 3 anos e pesa 23,700 kg

FICHA DE TUKO: http://protectoraosbiosbardos.org/ficha/324/


KEFREN

Kefrén é incrible de bo, se deixa facer de todo e nunca verás un mal xesto. É un canciño tímido que precisa coller confianza para sentirse cómodo.

Leva xa máis de 2 anos esperando a súa oportunidade

FICHA DE KEFREN: http://protectoraosbiosbardos.org/ficha/127/
 

 

FONTES CONSULTADAS PARA A ELABORACIÓN DESTE POST:

http://travesiavet.blogspot.com.es/2013/06/leishmaniasis-la-temida-enfermedad-del.html

http://www.euroresidentes.com/mascotas/perros/leishmaniosis.htm

http://www.i-perros.com/leishmaniosis-canina.html


 
Hosting Patrocinado por CyberNETicos

Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos

- Tel. LUNES A VIERNES(10-13:30H)(16.30-20H) 600 356 891
- Contactar - Política de Privacidad

Apartado de Correos 47, 36860 Ponteareas (Pontevedra) - IBAN ES38 2080 5435 5130 4012 3305

Bambú cms