LAKI EN BUSCA DUN FOGAR

28-04-2013

 LAKI é o gatiño que recollemos en Ponteareas a mediados de febreiro, grazas ó aviso dunhas mozas.

Tiña unha das súas patas dianteiras totalmente deformada, pensamos que debido a un atropelo...

Despois de levalo ó veterinario, descartouse a posibilidade de arranxarlle a pata, estaba demasiado deformada.

 O 16 deste mes de abril operaron a LAKI, na Clínica Veterinaria Sabuesos, para amputarlle a patiña

 

LAKI xa está totalmente recuperado da operación, xa non toma medicación e xa lle quitaron os puntos.

Agora busca un fogar onde seguir xogando ó que máis lle gusta.... o escondite!!!!

 

 e poder botar tranquiliño a súa sesta...