EN RECORDO DO NOSO AMIGO TOMÁS.

27-04-2013

En recordo do noso amigo Tomás.

Foi atopado como tantos outros vagabundeando polas rúas de Ponteareas, tivo a fortuna que unha das múltiples persoas coas se cruzou non mirou para outro lado e decidiu axudalo, recolleuno e en canto lle foi posible o adoptou permitindolle ó fin coñecer unha vida moi diferente aos dias de soidade e fame na rúa.

Fixeronse inseparables, non se sabe o que nos deparará o futuro pero sabemos que Tomás viviu o presente e foi feliz coma nunca. 

Moitas grazas Damián por facer iso posible.