ACOLLIDA URXENTE PARA QUIÑO! (ADOPTADO)

03-01-2013

Apenas sendo un cachorro apareceu atropelado cunha pata rota, foi operado pero non saiu todo ben e inda coxeaba, despois de pasar uns meses recuperandose desa operación e outros meses esperando a que o óso estivese forte para unha nova operación puidose operar de novo, pero tampouco esta vez, todo foi ben.

A última visita do ano á clínica veterinaria trouxo malas novas para Quiño e a sua pata, está facendo xogo por onde non hai articulación o que lle causa dor e haberá que solucionalo cunha nova operación o antes posible. Para ser operado precisa atopar unha nova casa de acollida xa que na actual convive con cans e cadelas moi activos que lle impiden o repouso necesario.

 

Quiño precisa un sitio tranquilo para recuperar a pata en condicións. Leva casi 2 anos sufrindo as consecuencias do abandono e posterior atropelo, moito tempo para un amante do monte sin poder saír a dar as carreiras que tanto lle gustaban antes da segunda operación, agora precisa unha terceira e esperamos que sexa a definitiva, pero o primeiro paso hacia a sua recuperación completa comeza cun novo fogar, el saberá recompensar a quen llo poida ofrecer con mais mimos dos imaxinables.

ACOLLIDA URXENTE PARA QUIÑO!

TELÉFONO INFORMACIÓN: DE LUNES A VIERNES

600 356 891

MAÑANAS (10:00 a 13:30) - TARDES (16:30 a 20:00)

Correo: protectoraosbiosbardos@gmail.com